Tema do concurso

Atmosferas

“A beleza está no ollo do observador” David Hume

O tema desta edición do festival son as atmosferas. Os sentidos son o medio de conexión da conciencia co mundo exterior. Gracias a eles o ser humano pode comunicarse co seu entorno, aprecialo, darse forma e dotarse de escala.

A luz, as cores, os aromas, as texturas, a profundidade e os ocos, a temperatura ou os sons, son todos compoñentes das sensacións que nos brindan os sentidos dun lugar.

Como limiar, nos permiten situarnos e aproximarnos a coñecer. A súa distorsión ou modificación se nos ofrece como oportunidades do que podería ser a realidade. Teñen, polo tanto, unha identidade de potencia.

Así, transformar a maneira de percibir un espazo, e en que centramos a nosa atención, pode levarnos a descubrir novos aspectos ocultos e sorprendentes dos lugares e a nosa forma de habitalos.