Què és Des-Adarve?

Presentación

Nas antigas cidades musulmás un adarve era unha calexa sen saída, que podía pecharse e que daba acceso ás vivendas nel situadas. Aínda hoxe nas rúas da vila histórica de Tudela podemos ler as trazas destes elementos tan cotidiáns coma singulares.

Des-Adarve quere ser un espazo de acceso, aberto a tódolos públicos, que doe novos usos e actividades á cidade a través da participación e da creatividade da arte contemporánea, poñendo ao mesmo tempo en valor o patrimonio arquitectónico e cultural históricos.

El Certamen

Des-Adarve propóñese coma un certame de arte efémera contemporáneo, aberto en concurso a tódolos artistas e profesionais do deseño ou da arquitectura menores de 30 anos, no que se expoñerán proxectos de instalacións artísticas en cinco dos espazos máis emblemáticos da nosa cidade polo seu valor histórico, cultural e artístico. O concurso está aberto con inscrición gratuíta e reserva unha categoría a estudantes do bacharelato e primeiro curso de graos vinculados ás belas artes e o deseño.
Amais da exposición das obras organizaranse actividades arredor da arte contemporánea coma obradoiros, visitas guiadas ou debates.