Palacio Decanal

Construción: 1.477-1.500

Estilo: Gótico Mudéjar

Restaurado en: 1.997-2.000

Actividades e uso actual: Museo de Tudela

Historia e estrutura:

A parte máis notable do palacio fíxoa construír a finais do século XV ou principios do século XVI, Don Pedro de Villalón, o máis famoso dos decanos desta Igrexa. Villalón foi tamén decano do Cabido da Colexiata de Santa María de Tudela, elevada a Catedral en 1783.

O proxecto levouse a cabo sobre os seus terreos que ocupaban as Cámaras onde se reunían os rexedores da cidade e o campo do palenque, situadas na zona máis céntrica e de maior importancia da cidade. O solar sobre o que se levanta ocupa un total de 836 m2 dos cales, 479 pertencen ó solar do edificio gótico, 116 ó solar do edificio moderno, 13 á capela exenta e 228 ó patio.

Foi a residencia da máxima autoridade eclesiástica e estancia de reis e raíñas, representantes en Cortes e outras autoridades.

Sobre o ángulo sur do Palacio, erguíase a súa torre de defensa. Esta desapareceu no século XIX. A entrada está presidida polo escudo de armas do Papa Xullo II e decano Villalón. Varias son as anécdotas e sucesos que ocorreron neste Palacio. Unha delas protagonizada polo tudelano Gonzalo Álvarez de Urroz, quen mandou quitar a cadeira do coro do Palacio do Deán e substituílo por emblemas propios de Villalón. Os Reis ó decatarse, ordenaron que fose apresado, xulgado e desterrado. O deán tivo que fuxir do seu palacio polos tellados.

O Palacio Decanal garda restos de estilo Gótico – Mudéxar que aínda podemos admirar na fachada. A súa construción de ladrillo de traza irregular linda coa coñecida Praza de San Jaime e as rúas Roso (antiguamente, acceso principal), Mercé e Verjas. Comunica tamén co claustro da Catedral.

Componse de dous corpos principais onde reside na parte superior unha galería de arcos.

Desde 1783, foi coñecido como Palacio Episcopal ata o ano 1844 no que morreu o cuarto e último bispo con sé na cidade, Ramón María de Azpeitia.

O interior do edificio atópase totalmente transformado, non quedando da estrutura antiga máis que os restos da antiga escaleira. Decidiuse restauralo co fin de devolverlle o seu antigo esplendor, inaugurándose de novo o 26 de Xuño do ano 2000.

Moitos tudelanos gardan recordos do Palacio Decanal como punto de encontro da mocidade tudelana e as asociacións culturais. A coñecida asociación de montañismo Muskaria ou o Cine Club Muskaria tiveron a súa sé neste edificio.

Tamén durante os anos 70-80, no patio celebrábanse bailes e había un bar frecuentado polo novos, dada a perfecta situación do edificio, xa que nos arredores situábase á zona de lecer e troula tudelana.

Actualmente, alberga o Museo de Tudela, os Arquivos Eclesiásticos e xunto coa catedral, forman un punto moi potente de interese turístico.

 

Máis información:

http://www.castelruiz.es/MuseodeTudela.aspx

Rúa Roso, 2 / 31500 Tudela (Navarra)
Teléfono: 948 402 161
Web: www.museodetudela.com
Email: info@museodetudela.com
FB: www.facebook.com/MuseoDeTudela