Residencia da Misericordia

Construcción:1987

Actividades e uso actual: Centro residencial para a terceira idade


Historia e estrutura:

A antiga Real Casa de Misericordia foi creada por testamento, de data 9 de novembro de 1.771, de Doña María Ugarte e Francia como fundación benéfica de carácter particular para a atención e coidado das persoas maiores. O edificio non se atopaba onde está o actual; a localización orixinal do antigo edificio estaba situado na rúa Misericordia e actualmente reformouse para converterse en hotel.

Debido ó mal estado do antigo edificio, o Patronato acorda o proxecto de construír unha nova Casa de Misericordia en abril de 1966. É o arquitecto Rafael Moneo quen recibe o encargo de realizar un anteproxecto da mesma.

Finalmente, tras valorar varias localizacións, decídese planear o novo edificio nos terreos próximos ó antigo edificio, coñecidos como horta da Misericordia, situados tamén na rúa Misericordia e con acceso desde a rúa Alberto Pelairea.

Tras varios anos de espera, é en 1982 cando o proxecto para construír un novo edificio para a Real Casa de Misericordia ponse en marcha. É en 1987 cando as obras finalizan e os últimos residentes da casa antiga poden trasladarse ó novo edificio. Nestes 30 anos accederon á Residencia máis de 1200 persoas.

Consta de tres pavillóns unidos entre si e cunha superficie total de 13000 metros cadrados, dos cales 2600 son xardíns interiores. Pódese acceder a eles dende os diferentes laterais dos pavillóns e desde o corredor onde está a entrada e recepción. Os muros da planta baixa que salvagardan o patio están cheos de fiestras, de modo que o gran patio pode contemplarse desde calquera dos corredores dos pavillóns. Estes xardíns interiores posúen diversos recunchos ou espazos para descanso, faladoiro e actividades ó aire libre.

A Real Casa de Misericordia atópase situada en pleno centro de Tudela, xunto ócoñecido Paseo do Queiles que chega ata a Praza Nova, punto de encontro para moitos tudelanos.

Trátase dun centro residencial para a terceira idade no que se ofrecen aqueles servizos de aloxamento, atención socio-sanitaria e asistencia especializada que as persoas maiores necesitan.

 

Máis información:

http://www.rcmisericordia.com/
Rúa  Alberto Pelairea, 1, 31500 Tudela, Navarra

Teléfono: 948 82 54 12

Email: info@rcmisericordia.com