Xurado 2017

Susana Ramos

Pamplonesa, nada en 1961, trasladouse ao sur para licenciarse en Belas Artes pola Facultade de Sevilla en 1987. Especializouse en pintura paisaxística.

Ramos recibiu premios e becas en recoñecemento ao seu traballo como por exemplo a Beca Fin de Carreira (ampliación de estudios de Paisaxe no Paular de Segovia) en 1987 ou a Beca Summa Contemporánea 2015 da Fundación María Forcada de Tudela.

A súa obra atópase en coleccións privadas de Madrid, Sevilla, Pamplona, Bélgica, Roma, Milán e Nápoles así como en institucionais: Concello de Tudela e Xunta de Andalucía. A súa experiencia como xurado ven de moi lonxe xa, en concursos e certames de pintura principalmente, de Navarra e La Rioja, como o Certame de Pintura ao aire libre organizado polo Concello de Tudela.

Susana Ramos ten un vínculo moi especial coa cidade de Tudela, xa que viviu nela durante 25 anos.  Ademais das súas propias e persoais vivencias como “tudelana” no Casco Vello de Tudela e os edificios que o compoñen, Susana ten estado participando, traballando e colaborando na promoción e divulgación da arte na cidade.

Susana Ramos estivo inmersa no mundo da arte e a cultura, traballando e creando as súas obras para mostralas ao público en exposicións e intervencións artísticas, entre outras:

  • Pro Sahel, Ciudadela de Pamplona (1991)
  • La calle es el lienzo. Intervención urbana do colectivo Siete Puertas, Tudela (2007)
  • Zona Ajardinada (Melancolía), Sala horno da Ciudadela de Pamplona (2014)
  • Summa Contemporánea, Fundación María Forcada, Tudela (2015)
  • Affordable Art Fair Milan, Galería Arte 01, Milán (2015)
  • Diálogos con el paisaje 1986-2016, Museo Arqueológico Castelo de Novallas, Zaragoza (2016)
  • I Concurso transfronterizo de pintura Bidasoa-Txingudi: Un país con nombre de río, Irún, Guipúzcoa (2016)

 

Manuel Aramendía Zuazu

Tudelano, nado en 1955, Manuel Aramendía é doutor e profesor na Universidade de Belas Artes de Barcelona.

Exerceu como profesor en Navarra nas Escolas de Artes e Oficios de Pamplona e Corella. Posteriormente, nos anos 90 comezou a impartir clases no departamento de escultura da Facultade de Barcelona. Dende entón, Cataluña pasou a ser o seu lugar de residencia, de actividade artística e profesional principalmente.

Aramendía escribiu diversas publicacións sobre arte en revistas como La Poesía escénica de Joan Brossa a la luz del pensamiento europeo de la primera mitad del siglo XX: Análisis estructural de La Ciutat del Sol (revista OBSERVAR: Revista electrònica de lObservatori sobre la Didàctica de les Arts). Tamén ten publicacións en libros, un exemplo: El lenguaje transversal de la escultura/ The Transversal Language of Sculpture del libro Interior Landscapes. Painting and Sculptures by Manuel Aramendia.

Estivo como artista invitado en The School of the Art Institute (Chicago), The Royal College of Art (Londres) o l’École Nationale Supérieure dArt Limoges-Aubusson (Limoges) tratando temas sobre a escultura pública, as relacións entre escultura e diseño contemporáneos e os procesos escultóricos en porcelana.

Manuel Aramendía foi unha das primeiras persoas en coñecer e apoiar o proxecto Des-adarve e como tudelano e coñecedor do Casco Vello e os seus edificios aportará tamén un punto de vista indispensable para o certame.

Entre as súas exposicións están:

  • Paisajes de noche abierta, exposición de escultura e pintura recente, Galería Bilkin de Bilbao (2005)
  • Instalación temporal da escultura Templo de cañas nun espacio público de Girona, dentro das Xornadas de Land-Art organizadas polo Colexio de Arquitectos de Girona (2005)
  • El otro: imágenes y metáforas, exposición de pintura e escultura, Sala del Polvorín da Ciudadela de Pamplona (2006)
  • Natural and Unnatural: Imagining Landscape, exposición colectiva,  The Hunterdon Museum of Art, Clinton (New Jersey) (2006)

Tamén participaou en conferencias como Del Manierismo al Land-Art’ na Escola Floral de Barcelona (2000) o El perfil excéntrico de las cosas nas Xornadas Internacionais de Land Art, Colexio de arquitectos, Girona (2005). Ademais, cabe destacar a contribución de Aramendía en Congresos de Arte e escultura como:

  • ¿Que quiere la ciudad del arte público? Congreso Internacional de nuevos procedimientos escultóricos, Valencia (2002)

· Representación mural del espacio urbano. Jornadas sobre la construcción del paisaje, Arteaga, México (2014)

 

 

Belén Esparza Estaún

Nada en Pamplona en 1952. Belén cursou estudos de Arquitectura en Escuela Técnica Superior de Arquitectura de la Universidad de Navarra (E.T.S.A.U.N.), graduándose en 1977. Desde 1975 a 1978 traballou no despacho de Curro Inza.

Tamén dende 1975, desenvolveu a súa labor profesional con base en Tudela e Pamplona desde o seu estudo de arquitectura Blasco y Esparza, fundado xunto con Manuel Blasco, dirixindo o departamento de Urbanismo, Rehabilitación e Arquitectura de Interiores.

Entre os anos 1989 e 2004 dirixiu a Oficina de Rehabilitación de Viviendas y Edificios da Ribera de Navarra. Dentro das súas competencias como directora, redactou os plans dos Cascos Históricos de diversas localidades do sur de Navarra como Tudela, Corella, e dirixiu as rehabilitacións de palacios e espazos públicos dos Cascos históricos. Ademais, participou como poñente en xornadas sobre rehabilitación de Centros históricos en Logroño, Estella, Ejea e Tarazona.

Dende o 2002 ata o 2007, colaborou como arquitecto de interiores con Rafael Moneo na Redacción do Proxecto de Reforma do Balneario de Panticosa, no Pirineo Aragonés que incluía a construción de tres hoteis de cinco e catro estrelas.

Dado o seu extenso coñecemento do Casco Vello tudelano e dos edificios históricos escollidos para o Certame, por ter participado en moitos deles para a súa rehabilitación, Belén Esparza é,  sen dúbida o terceiro pilar necesario para Des-adarve e os proxectos que o conforman.

Publicou dous libros sobre rehabilitación e intervención en casco:

  • El Palacio del Marqués de Huarte
  • Una historia de Rehabilitación en Tudela

Esparza foi recoñecida con premios como:

  • Concurso para adaptación do edificio como escola de música do Concello de Pamplona (2004)
  • Concurso de proxectos para a selección dunha proposta de rehabilitación enerxética dos bloques de vivenda colectiva denominados bloques en Orvina I no barrio da Txantrea. Pamplona. Primeiro premio (2014)
  • Ciudad, urbanismo y ecología – Lourdes Renove. Naciones Unidas, Dubai (2014)

Cabe destacar a súa longa experiencia en obras de rehabilitación en edificios de interese histórico:

  • O Palacio Marqués de Huarte como Biblioteca e Archivo municipal. Para o Goberno de Navarra e a Institución Príncipe de Viana (1982)
  • Rehabilitación do Centro Mariano. 22 viviendas para realojos no casco antiguo de Tudela. Para I.V.I.N.A. (1986)
  • Estudo para a reubicación do Parlamento de Navarra en edificios históricos. Para o Parlamento de Navarra, en colaboración con Manuel Sagastume (1987)
  • La Casa del Almirante, Tudela. Proxecto para a Fundación María Forcada (2008)