I Certame de arte efémera de Tudela – Setembro 2017

Des-adarve quere ser unha porta de entrada, aberta a tódolos públicos, para coñecer os espazos emblemáticos da cidade de Tudela a través da participación e a creatividade da arte contemporánea, poñendo á súa vez en valor o patrimonio arquitectónico e cultural históricos.

En cinco espazos do noso patrimonio levaranse a cabo cinco intervencións de instalación artística efémera que conviden a re-coñecer a cidade.